Primeiros auxilios

Onte, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, participaron nunha actividade do Concello, programada polo seu Departamento de Educación e impartido pola técnico, Nieves González, "Primeiros Auxilios".

Serviunos para asentar os coñecementos adquiridos no tema de saúde de Ciencias da Natureza e para afondar máis neste aspecto.

Os nenos e nenas practicaron técnicas de reanimación e falaron sobre o que se debe facer e o que non ante unha situación de emerxencia.

A actividade resultou un éxito absoluto e os nosos rapaces e rapazas xa están encamiñados para dar unha resposta correcta nun accidente.