Proxecto: Lendo xuntos

Este ano, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria están levando a cabo un proxecto de animación á lectura xunto cos alumnos e alumnas de 5 anos do Centro: "APADRIÑAMENTO LECTOR: LENDO XUNTOS". Os máis maiores de Primaria axudan aos pequenos a iniciarse no seu proceso lector e, tamén, a fomentar o uso do galego.

A semana pasada comezaron con moita ilusión a coñecerse. Os "padriños e madriñas" realizaron unha pequena entrevista aos seus "afillados e afilladas" para coñecer os seus gustos e poder, así, elixir un conto para comezar esta andanza xuntos.

Adiante lectores!