Experimentando...

Os alumnos e alumnas de 6º acabamos de rematar o primeiro tema de Ciencias da Natureza dirixido a coñecer máis ós seres vivos: de que se compoñen, como se clasifican... E, para coñecer mellor esas pequenas cousiñas que nos compoñen, as células, que mellor que visitar un dos laboratorios do noso colexio.

Puidemos facer algunha práctica cos microscopios e observar que atopamos dentro da nosa boca. Ademais de observar de preto unha macrocélula: o ovo, ver as súas partes, falar e preguntar as dúbidas, comparar con outras células estudadas... Foi unha tarde chea de novos descubrimentos!