DOMUND 2016

Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria percorreron, outro ano máis e organizado polo equipo de Pastoral do colexio, as rúas da cidade este sábado para recadar fondos para o DOMUND.

A xente mostrouse moi xenerosa e participativa e podemos regresar ó colexio moi contentos coas nosas huchas a rebentar.

Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!!!