“GALICIA, AUGA E LITERATURA”

"GALICIA, AUGA E LITERATURA"

O obxectivo do certame é que os escolares de Educación Primaria e Secundaria descubran a presenza da auga na literatura galega, elixan un poema ou verso determinado e se animen a ilustralo cunha fotografía.


Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? de Martín Códax, Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos de Rosalía, Amor da auga lixeira, Muiñeira, de Álvaro Cunqueiro son tan só un mínimo exemplo, unha gota da evocadora presenza da auga na poesía e na vida dos galegos.